Concluíu o prazo establecido para se incorporar ao novo club de lectura do noso centro que bota a andar con catorce membros da nosa comunidade docente, alén do coordinador, e un representante do persoal non docente. Á espera de recibir novas altas procedentes da Asociación de Nais e Pais do IES Valadares -xa contamos con algunhas- o resultado é altamente positivo.
Lémbrase aquí o título do primeiro libro: In vino veritas, de Francisco Castro, na Editorial Galaxia e a data de encontro co autor: primeiro luns do mes de febreiro, ás 6:30 da tarde no propio centro.
Continuarase informando arredor da realización dalgunha xuntanza previa á visita de Francisco Castro e, mentres tanto, moitas grazas pola vosa participación.