Onte, 17 de outubro, ás tres da tarde, realizouse no Club de Lectura a primeira das actividades programadas para este curso escolar: a visita, e recital de poesía, do escritor Fran Alonso. A finais do curso pasado os membros do club leran O meu gato é un poeta: un apaixonante e intenso libro de poesía e, entre outras cousas, a iso veu o escritor: a dicirnos que a poesía pode ser moi divertida e que o podemos pasar moi ben léndoa, e abofé que o conseguiu.
Baseándose en textos de O meu gato é un poeta, Fran Alonso realizou un percorrido por poemas que se inclúen no libro, mais tamén doutros de escritores do noso tempo ou non, dentro dun espectáculo que el chama “A poesía é un globo”… e que adaptou para 1º e 2º da ESO. Un globo que vimos como se inchaba, como se desinchaba ou como estoupaba, que se enchía de palabras que poden voar, ou facer ruído, ou susurrar ou, loxicamente, tamén miañar.
Falounos tamén do seu último libro –Ninguén-, e sobre todo dos “hoax”…, eses bulos que corren por internet e cos que hai que ter un pouco de conta. Ao final, asinou algúns exemplares coa promesa de non deixar pasar moito tempo sen volver. Grazas Fran!
Velaquí algunhas fotos do encontro:

Fran Alonso e o seu globo

Recitando un poema “con paixón”

Todas ben atentas!

Asinando algúns exemplares